miércoles, 29 de abril de 2020

Entroido 2020

Durante a semana do 17 ao 21 de abril de 2020, no colexio, festexamos o Entroido a través do persoaxe tracicional do "Meco" o cal nos foi asignando unha serie de mandatos para cumplir durante toda a semana.
O venres participamos na chocolatada común para despois realizar o festival. Este ano tivemos como fío común " Sostenibilidade Ambiental". Poñemos unhas fotos para que recordedes o ben que o pasamos.


lunes, 23 de marzo de 2020

Día da Paz

Elaboramos o mural " BUSCAMOS SUPERHÉROES E SUPERHEROÍNAS". Cada alumno/a reflectíu unha mensaxe nun papel en forma de corazón.
Para rematar a conmemoración, entre todos e todas, formamos a palabra PAZ . Ademais cantamos e bailamos a canción  " Madre Tierra"

jueves, 12 de marzo de 2020

O Nadal no Colexio

O 20 de decembro tivemos a visita de Papá Noel e o Apalpador, os cales repartiron unha serie de agasallos a todos os nenos e nenas do cole. Posteriormente participamos no festival no que tivemos as tradicionais campanadas,  baile con cotillón e o divertido photocall. QUE BEN O PASAMOS!

miércoles, 11 de marzo de 2020

Magosto

Unha das celebracións que non poden faltar coa chegada do outono é a festa do magosto.
Boa parte da mañá do día 8 de novembro adicámola á realización de xogos tradicionais e a desgustación de castañas asadas. Durante este mes tivemos unha exposición de froitos e  frutas do outono na entrada do colexio.





25N

O 25 de novembro celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Realizamos unha exposición de carteis e lemos un manifesto en conxunto co IES de Monterroso e Ceip de Antas de Ulla.





martes, 10 de marzo de 2020

DEZ PANTASMAS TÍMIDAS

O noso centro escolar é un centro plurilingüe e contamos cunha auxiliar de conversa. Este ano temos a Cinda, auxiliar de conversa chegada  de As Vegas ( cidade do estado de Nevada nos Estados Unidos).
Aproveitamos este tempo de Samaín / Halloween para dramatizar un conto en dúas linguas ( galego e inglés)
QUE MEDOOO!




lunes, 18 de noviembre de 2019

PHOTOCALL HALLOWEEN INFANTIL

Retomando o noso blog deixámosvos aqui unha pequena mostra da celebración do Samaín/Halloween no Ceip de Monterroso. Este ano houbo moitas sorpresas cargadas de medo e risas sobre todo para os máis pequenos.

 FOI TERRORÍFICO!!!

PHOTOCALL HALLOWEEN INFANTIL


4ºCURSO EDUCACIÓN INFANTIL






5º CURSO EDUCACIÓN INFANTIL







6º CURSO EDUCACIÓN INFANTIL