viernes, 5 de mayo de 2017

PLANTACIÓN ECOLÓXICA


O martes , día 25 de abril, plantamos cabazas, elaboramos un horto ecolóxico , no  que podes atopar: cebolas , cenorias , leitugas , amorodos , tomates , remolachas … Cada alumn@ botou fertilizante nas hortalizas . Os alumn@s de sexto teñen que regar algúns días as hortalizas . Os nen@s fixeron un traballo sobre as froitas e hortalizas típicas de Galicia .  Os traballos están colgados polo centro escolar .









































jueves, 4 de mayo de 2017

Semana do libro

O colexio estaba decorado con libros voadores, unha casa pequena de madeira con libros dentro e fóra. Os nen@s de todos os cursos fixeron un marcapáxinas, tamén escribiron nun mural o que era un libro para eles.




Os nen@s de sexto contáronlles un conto aos alumnos de infantil. Os nen@s de quinto contáronlles un conto aos alumnos de primeiro e segundo de primaria. Os nen@s de terceiro contáronlle un conto aos alumnos de sexto e aos alumnos de segundo de primaria.































Ovos de Pascua







NO COLEXIO  DE MONTERROSO FIXEMOS  UNS OVOS DE  PASCUA PRECIOSOS.
Os rapaces  de sexto e quinto de primaria fixeron uns ovos de pascua pintados e outros de chocolate. Os demais cursos de primaria fixeron unhas cestas decoradas, algunas  tiñan debuxos de coellos e outras de ovos de pascua…
O noso  conserxe máis a nosa profesora de inglés fixeron  un mural moi grande onde os nenos doutros cursos puxeron as súas obras.

 






Semana da prensa

SEMANA DA PRENSA
A SEMANA DA PRENSA NO NOSO COLEXIO FOI UN ÉXITO.
FIXEMOS MOITAS COUSAS, POR EXEMPLO:
DECORAMOS CARTULINAS, FIXEMOS GRUPOS E CADA UN DOS GRUPOS FACÍAN COUSAS DIFERENTES COMO POR EXEMPLO: UN GRUPO FACÍA UN ARTÍCULO, OUTRO UNHA NOTICIA, REPORTAXES E POR ÚLTIMO INFORMES.



OS NENOS MÁIS PEQUENOS DE PRIMARIA FIXERON FORMAS DE FIGURAS DE BONECOS E PINTÁRONOS.


Menú mes de maio

O menú está confeccionado na cociña aportando os nutrientes básicos dunha alimentación sana e equilibrada. Aquí vos deixamos o menú do mes de Maio. 
BO PROVEITO!